sábado, 23 de agosto de 2008

E mais outra...


EU NON TEÑO MÁGOA DO PICARIÑO

Eu non teño mágoa do picariño que mira con ollos encalmados de boi cando os automóbiles pasan pola súa porta. Eu non teño door do picariño que non corre detrás dos autornóbiles. Fame que pase o picariño, sempre será feliz.

Eu teño mágoa do rapaz que sinte formigueiros nos pés cando os automóbiles pasan pola súa porta. Eu teño door do pícaro que corre detrás dos automóbiles. Os rapaces inquedos que andan probando as súas forzas en tódalas máquinas non encherán os seus anceios de felicidade.

Os rapaces da miña terra corren sempre detrás dos automóbiles.


Castelao


É tam certo...

0 never more: