Mostrando entradas con la etiqueta castelao. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta castelao. Mostrar todas las entradas

sábado, 13 de junio de 2009

Sabela

Cando eu andaba no estudo era un mozo das romerías, bailador e divertido. Non había festa na vila, nin nos arredores, onde non aparecese danzando como un trompo esgarabelleiro. Ai, aqueles valses, aquelas mazurcas, aquelas polcas e aquelas habaneras!
Entón o agarradiño aínda era un pecado venial, e bailábamos con tino, para que os vellos non refungasen.
As mozas acorazaban o corpo cos xustillos e non consentían o arrimo; pero arrecendían a roupa gardada con mazás e a carne lavada con xabrón de rosas. Os mozos bailábamos por darlle gusto ás pernas, e contentábamonos co cheiro...
Había na vila unha rapaza do meu tempo, xeitosa de corpo, feitiña de cara, leda de xenio, traballadora de condición, pescantina de oficio e limpa de conducta, pero picante nos decires.
As súas verbas tiñan o labio salgado dos mariscos. Os decires escentilaban contentamento, e nos seus arredores non podía medrar a tristura. A risa facíalle goios de amor nas fazulas, poñíalle pintiñas de malícianos ollos e brilo de nacra nos dentes. Os andares, arfados e velaíños, facían no aire ronseis de gracia. Andaba descalza, e os engados da súa carne non tiñan segredo para os ollos de ninguén. Os pés lenes, as pernas brancas, os brazos redondiños. O corpo era un gran corazón prisado. Cantaba coma un xílgaro e bailaba coma un argadelo.
Era a rapaza máis fermosa da vila, e dábase conta do seu poderío. Escarolábase, bulrona, cando os señoritos forasteiros lle facían a rosca e revíase, compasiva, cando os mozos do seu igoal criaban o pasmo.
Ela gustaba de contar na ribeira os perigos en que se metía, e as pescas estordegábanse de risa cos ditos da rapaza, que descobría, de miúdo, tódalas súas enchoiadas amorosas. Ela gustaba de alcender fogueiras e logo apagalas, e nos seus feitizos de serea morrían os fumes dos señoritos e as olladas dos mozos mariñeiros. Era dona de si e viveu sempre ceibe de marmuracións.
Nos días de festa parecía outra. A saia longa, a chambra de froles, o pano de oito puntas. Unha lazada verde na trenza do pelo. A cara con certo remilgo de señoritinga. Os andares coutados, por mor dos zapatos... Deica bailar tres veces non xurdía na súa face a risa escachada dos días soltos. No retorno da festa entraba na casa cunha cantiga nos beizos e cos zapatos na man.
A primeira vez que bailei foi con ela.
Eu adicábame, nos meses de vacacións, á vida de gandaia, e cando me fixen mozo quixen ser un tunante; pero non sabía bailar de modo. Eu reloucaba por deprender ben o agarradiño e locirme nas romerías; pero non lle daba xeito ás pernas.
Un día atrevinme:
-¿Qués que botemos esta polca?
-E ti sabes?
-Imos ver.
A rapaza comprometeuse a enseñarme, i eu pagáballe coa miña ledicia de estudante. Empecei dando voltas á dereita. Ela levábame... “Agora dous pasiños de lado”. “Agora outra volta”. “Dálle máis aire ó corpo”. “¡Non saímos do sitio!”. “¡Ai, qué burro!”. “Así, home, así”. “Agora vai ben”.
Pouco a pouco fun deprendendo, e non tardei en bailar valses e mazurcas con certa maestría. Dispóis xa me fixen bailador e aproveitaba tódalas tocatas; pero afeito á miña compañeira non tiña gusto en bailar con outras. De remate os dous fixemos unha das mellores parellas.
A rapaza e máis eu estábamos unidos polo baile, i eu ríame, a cachón, dos seus ditos. Queríamonos ben; pero non sentíamos desacougos amorosos. Se chegase a poñer ollo na súa fermosura burlaríase de mín coma dos demáis.
Con todo a miña nai reprendíame:
-Ti non es quen para comparar coa Sabela. ¿Por qué non bailas con todas? Sempre coa mesma, sempre coa mesma! oles nen ti lle fas favor a ela nen ela cho fai a ti.
-Baila moi ben, ¿sabe, miña nai?
-Bailará; pero ela é unha pesca e ti es un estudante. O baile é cousa do demo e Sabela é unha boa rapaza. Probe de ti como non a respetes.
Miña nai, como tódalas nais, coidaba que o seu fillo era un Tenorio; pero a honradez de Sabela gardábase detrás de catro muros de canteiría.
Marchéime da vila cangando cun tiduo universitario, e as preocupacións do meu vivir arredáronme das troulas. Perdín a mocedade, fíxenme home; o baile chegou a parecerme cousa de parvos, e fai moitos anos que nin tansiquera vexo bailar.
Do tempo de estudante non gardei un recuncho para as lembranzas de romería, e Sabela esvaéuseme da memoria.
Cando se proclamou a República lanceime á política e saín diputado das Constituíntes. A miña vila quixo agasallarme e alá fun eu.
Desembarquei baixo o estrondo das bombas e antre o entusiasmo dos vellos amigos, que acugulaban o peirán e a ribeira. O azougamento non me deixaba camiñar, e se sodes sentimentaes comprenderedes a miña emoción, porque a vila natal non é coma tódalas vilas.
Cheguei á casa de meus pais, e na veira da porta vin a unha muller... Era gorda de ventre, de pernas e de brazos; a cara inflada e bermella; a boca sen dentes; a postura de regateira.
Miroume, fite a fite, cos ollos mergullados en bágoas, e ó pasar acarón dela, sióume con voz estremecida estas verbas: "Meu bailador"


Castelao


No encontré una traducción y sé que lo destrozaría demasiado haciéndolo. Recordé "Sabela" (una de las primeras cosas que leí de Castelao en a saber el libro de texto de qué año) enviando un mail a Rosalie que está haciendo un trabajo sobre Manolo Rivas y quería información sobre Castelao.

Supongo que no entenderéis todas las palabras, puede que sólo la mitad, pero es lo bastante corto como para intentarlo. También lo bastante bonito y lo bastante triste. Amar a Castelao debería ser imperativo. Aunque se sea de fuera y no se le entienda del todo.

lunes, 6 de abril de 2009

Castelao


-¡Pobriña! Morreulle un canciño que lle chamaban "Fifi".

(¡Pobrecita! Se le murió un perrito que se llamaba "Fifi")



"Se eu fose autor" (más abajo hay link con traducción)


Se eu fose autor escribiría unha peza en dous lances. A obriña duraría dez minutos nada máis.

LANCE PRIMERO

Érguese o pano e aparece unha corte aldeán. Enriba do estrume hai unha vaca morta. Ó redor da vaca hai unha vella velliña, unha muller avellentada, unha moza garrida, dúas rapaciñas bonitas, un vello petrucio e tres nenos loiros. Todos choran a fío i enxoitan os ollos coas mans. Todos fan o pranto e din cousas tristes que fan rir, ditos paifocos de xentes labregas, angurentas e cobizosas, que pensan que a morte dunha vaca é unha gran desgracia. 0 pranto debe ter unha gracia choqueira, para que estoupen da risa os de "patio de butacas".

E cando se fartan de ri-los señoritos, baixará o pano.

Se eu fose autorLANCE SEGUNDO

Érguese o pano e aparece un estrado elegante, adobiado con moito señorío. Enriba dunha mesa de pés ferrados de bronce, hai unha bandexa de prata, enriba da bandexa hai unha almofada de damasco, enriba da almofada hai unha cadeliña morta. A cadela morta semellará unha folerpa de neve. Ó seu redor chora unha fidalgona e dúas fidalguiñas novas. Todas elas fan 0 pranto i enxoitan as bágoas con paniños de encaixe. Todas van dicindo, unha a unha, gas mesmas parvadas que dixeron os labregos diante da vaca morta, ditos tristes que fan rir, porque a morte dunha cadela non é Para tanto.

E cando a xente do galiñeiro se farte de rir a cachón, baixará o pano moi amodiño.


La primera viñeta pertenece al album "Cousas da vida" (Cosas de la vida) del amigo Castelao. El texto más extenso, de Cousas, uno de mis libros favoritos en el mundo mundial. Castelao es una de las grandes figuras de la literatura gallega, así que supongo que habrá traducciones sueltas por el mundo. En la red no y yo soy vaga, así que linkeo una entrada de un blog de alguien que amablemente se lo tradujo a sus amigos. Espero que no le importe.

Y, en modo Bonus Track, otra de las "cousas da vida". Sí, todavía pasa lo de salir ahí fuera y que te digan "galleguiña". Y todo lo demás. Que tenemos acento, claro que lo tenemos. Pero no somos más tontos por tenerlo. Y vivo en una ciudad que ser es una aldea un poco grande, eso es cierto, pero que fue una de las tres capitales de la Cristiandad en la Edad Media. Junto con Roma y Jerusalén. Superen eso.



-Ese muchacho dicen que sabe muchísimo.

-Si; pero tiene un acento tan gallego...





sábado, 23 de agosto de 2008

Umha das "Cousas" de Castelao que mais me gustam

Vou contarvos un conto triste

A pouco de casar, doña Micaela comenzou a facer camisirías; mais a súa ilusión abateuse de súpeto e con bágoas nos ollos meteu nun frasco de augardente o froito merado dos seus amores.

Doña Micaela escribeu nun papeliño: "Adolfo, 12 de maio de 1887". Pegou o papeliño no frasco e, dispois de bicalo tristemente, gardouno no armario das sabáns de liño.

Non vos riades, porque o conto é triste.

Aínda non decorreran catro meses e doña Micaela comenzou a traballar novamente nas camisirías. A boa fidalga regalábase cavilando no herdeiro que xa estaba en camiño do mundo, e por segunda vez doña Micaela ollou murchas as súas ilusións de nai, e con fonda tristura meteu en augardente o novo froito dos seus amores.

Doña Micaela escribeu: "Rosa, 7 de xaneiro de 1888".

Pegou o papeliño no frasco e moi amargurada gardouno no armario das sabáns de liño.

Non vos riades, porque o conto é triste.

A probe señora chorou tres veces máis e meteu en outros tantos frascos de augardente un "Pedro", un "Ramón" e unha "Alicia".

Non vos riades.

A boa fidalga decatouse de que non aloumiñaría endexamais un fillo verdadeiro e cos seus grandes azos maternals adicou a vida enteira ó coidado garimoso dos frascos de augardente. ¡Triste vida!

Non; non vos riades, porque o caso é triste.

Cando unha fanada ilusión cumplía anos doña Micaela remudáballe o augardente. Tódolos días bicaba os frascos e arrombaba os laciños de seda que cinguían as vincas dos frascos de "Rosa" e de "Alicia".

A boa fidalga chegou a vella e tiña criadas de tanto ben que andaban coas chaves dos armarios e gobernaban a casa.

Un día chegou diante de doña Micaela unha das criadas. Viña tan cortada que non podía falar; mais a probe muller tirou consigo no chan e pouco a pouco foi confesando antre saloucos:

-¡Perdón, miña ama! ¡A¡, qué desgracia, señora! 0 señorito "Adolfo" caeume das mans e rompeuse.

E no intre doña Micaela esmoreceuse para sempre.


Castelao


Aquí, una traducción al español.